Mozos de Pamplona celebraron a puñadas e patadas a noite do xoves
Esta noite pasada foi especialmente intensa e violenta nas rúas da parte vella de Pamplona, con centos de mozos bebendo e sen respectar ningunha medida anticovid. O balance deixa once persoas detidas e oito policías feridos cando intentaban desaloxar algunhas zonas polas aglomeracións.
A puñadas e patadas nas rúas da zona vella de Pamplona centos de mozos celebraban a noite do xoves. As aglomeracións de xente nova nos coñecidos como 'juevintxo' veñen sendo un habitual nas últimas semanas, pero na pasada noite a situación desbordouse. Sen respectar ningunha medida anticovid os mozos semellan esquecer o pintxo e quedan só para consumir alcol ademais de subir aos balcóns dos veciños.
A policía tentou desaloxar a rúa Gregorio en dúas ocasións. Máis tarde na zona do Arquivo, onde unhas 500 persoas participaban nun botellón, os axentes foron recibidos con lanzamentos de pedras e botellas.
Xa son once os detidos tras os botellóns e aglomeracións de Pamplona. Algúns dos axentes da Policía Local que intentaban desaloxar a multitude acabaron feridos. Tentaron desaloxar a rúa Gregorio en dúas ocasións. Máis tarde, na zona do Arquivo, onde unhas 500 persoas participaban nun botellón, os axentes foron recibidos con lanzamentos de pedras e botellas.