Mozos de Oleiros reparten pílulas con mensaxes de ánimo para a veciñanza
Publicado o 16/04/2021 14:37
Porta a porta, local a local, Pablo, Nerea, Kiko, Adrián e Nuria levan repartidas máis de 300 pílulas da súa 'Vitamina Xove' en Oleiros. Unha idea que xestaron co apoio das casas da mocidade, para infundir ánimo entre a veciñanza.
E as pílulas surtiron efecto. Sorrisos, emoción e ata bágoas provocaron. Pero tamén foron terapéuticas para eles.
A iniciativa tivo tanto éxito que preparan novas doses de 'Vitamina Xove' para repartir.