Mozos de extrema esquerda increpan a Íñigo Errejón á saída dun acto
Publicado o 21/02/2019 15:13
Membros de Frente Obrero agardaron a que Errejón saíse dun acto no local dunha asociación de Hortaleza para exporlle o seu desencanto coa chamada "política do cambio". Errejón tentou dialogar con eles, pero ante as dificultades, optou por marchar entre apupos.