CRTVG

Buscar

Mozos celebraron o San Ramón nun local de Vilalba sen máscaras

Publicado o 01/09/2020 19:40

 Esta fin de semana pasada tocaba celebrar as festas de Vilalba, o San Ramón, pero xa hai máis de tres semanas que o Concello anunciou que non ía haber ningún acto festivo para evitar novos contaxios. Con todo, hoxe fixéronse virais estas imaxes de xente tomando algo nun local de Vilalba este domingo.

Como se pode ver, os clientes non levaban máscara nin gardaban as distancias de seguridade, malia que, precisamente a semana pasada en Vilalba, houbo un gromo con doce positivos por coronavirus.

Noticias web

01/09/2020