CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Mozos arxentinos achéganse á cultura galega grazas ao programa 'Escolas abertas'

Publicado o 22/05/2016 15:01

E na Arxentina, unha trintena de mozos e mozas foron seleccionados para a edición do programa 'Escolas abertas', unha iniciativa da Xunta de Galicia para achegar a cultura galega aos descendentes de galegos residentes no exterior.

Ilusión, emoción e, sobretodo, moita alegría foron algúns dos sentimentos que coparon as redes sociais dos galego-arxentinos seleccionados para a próxima edición do programa 'Escolas abertas', organizado pola Xunta de Galicia e que os levará á terra natal dos seus pais e avós o próximo verán.

Juan Pablo Seoane, seleccionado para 'Escolas abertas':
"É algo que eu viña esperando desde hai moito tempo e unha emoción impresionante cando souben que ía para alá".

Fernando Zas, seleccionado para 'Escolas abertas':
"É a primeira vez que me anoto en 'Escolas' e saíu, así que moi, moi contento e cun pouco de euforia tamén".

Afondarán na arte da confección de traxes tradicionais, en baile, percusión ou gaita galega, e tamén nos cantos populares e manexo da pandeireta.
Obradoiros, todos eles, cunha forte demanda nos centros galegos do exterior.

Pero tamén haberá tempo para coñecer mellor os atractivos da Comunidade e visitala familia.

Xa de regreso na Arxentina, este selecto grupo de alumnos poderá replicar o aprendido no seu centro para seguir perpetuando e espallando a cultura galega alén das nosas fronteiras.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí