'Mozart á galega', dous mundos non tan distantes co frautista Luís Soto
Publicado o 05/12/2019 17:24
Luís Soto toca unha frauta do século XIX construída polo flutier francés Jerome Thibouville-Lamy, coa que interpreta cuartetos de Mozart nun estilo particular. Está acompañado por David García ao violín, Ionela Ciobotaru na viola e Millán Abeledo no violoncello. Próximos concertos 'Mozart á galega': Ponteareas e Guláns, o día 6, e Pantón, o 7 de decembro.