CRTVG

Buscar

Moyano seguirá á fonte do Frigoríficos na súa décima temporada consecutiva na Asobal

Publicado o 31/05/2021 21:52

No balonmán, a fin de semana deixounos a permanencia do Frigoríficos do Morrazo na Liga Asobal. Será o único equipo galego que teñamos na elite. E á fronte do proxecto cangués seguirá como adestrador Nacho Moyano. O técnico alcanzou un acordo coa directiva para ampliar o contrato. Será a súa terceira temporada seguida co Frigoríficos.

Será a décima temporada consecutiva do Frigoríficos na Asobal, a número 22 na historia dun club que sobrevive dun xeito abraiante ás situacións límite, porque mentres Cangas lograba 6 puntos de 10 posibles no final da liga, Guadalaxara non soportaba a presión de ter que gañar.

Sobrevivir no deportivo e, como moitos clubs en Galicia, sobrevivir á dura crise social e económica da pandemia. O futuro pasa por recuperar, como moitos clubs galegos, a economía e fundamentalmente o factor humano, a afección, o corazón do deporte.

Noticias web

31/05/2021