CRTVG

Buscar

Mouriño: "Se Denis segue con esa axencia non negociaremos, e se non renova non xoga"

Publicado o 13/08/2021 12:44

O futbolista remata contrato no ano 2023, o presidente recoméndalle facer unha boa temporada e lograr un "contrato millonario"

Complícase o futuro de Denis Suárez no Celta. A empresa de representación de futbolistas que leva por exemplo a Aspas ou a Denis Suárez non negociará nada co Celta. Está vetada.

O Celta di que con Aspas falou e todo está arranxado. A Denis recoméndanlle que faga un bo ano e busque un contrato millonario noutro lugar. Ou que cambie de representantes. Ambos rematan contrato en 2023:

"Denis ten dous problemas, que se impoña a súa parte empresarial e non renda, ou que faga un temporadón (o que lle recomendaría) e teña a oportunidade de facer o que fixo Rafinha, lograr un contrato millonario", declarou Mouriño.

Aspas e Denis pertencen á empresa que tamén leva a Gabri Veiga ou a Miguel Rodríguez que xogaron co primeiro equipo. Carlos Mouriño mantén o veto a esa empresa trala saída do alevín Bryan Bugarín ao Real Madrid.

Ademais deste tema, o presidente do Celta tratou tamén o acordo co fondo de investimento CVC: "Ao Celta benefícialle porque reduce as distancias cos máis grandes e permite que a 'clase media' loite polos postos altos". Tamén do cadro de xogadores, no que "faltan dous postos por reforzar" sempre e cando haxa primeiro as saídas necesarias.

Noticias web

13/08/2021