CRTVG

Buscar

Mouriño: "Primeiro, a permanencia; a partir de aí, a soñar"

Publicado o 10/09/2019 17:35

Oitenta e dous millóns de euros de orzamento. Son as cifras que manexará o Celta esta temporada. Unha temporada para ilusionarse. Ese é o obxectivo do presidente Carlos Mouriño. E seguir na primeira división. Aínda que, coa permanencia no peto, non pecha as portas a soñar.

Récord da era Carlos Mouriño: os salarios do equipo actual acadan os 62 millóns de euros, un aumento asociado á chegada dos catro xogadores que simbolizan a operación retorno.

Representa unha aposta pola canteira. Denis Suárez fichou por 4 temporadas; Santi Mina, por 5. O futuro de Rafinha non depende do Barcelona.

Máis incerto é, polo momento, o futuro de Brais. Mouriño quere que este Celta volva a Europa.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019