CRTVG

Buscar

Mouriño non sentará a carón de Abel Caballero no palco

Publicado o 17/04/2018 16:07

Que imaxe ofrecerá esta noite o palco de Balaídos?. Estará o alcalde de Vigo?. Todo indica que si.

O Celta anunciou que o seu consello de administración non coincidirá con Abel Caballero. Non sentará ao seu carón como é habitual. Imposible consecuentemente que se produza unha situación como a que ven. Conversa de complicidade entre Mouriño e Abel Caballero.

O Concello contestou ao Celta. Di que a Balaídos non se vai a facer política. Abel Caballero leva todo o día en Madrid, pero chegará a tempo para ir ao encontro.

E o Barcelona chegou a Vigo sen algúns dos seus titulares.

Sen Busquets, Iniesta, Rakitic ou Piqué. Por lesión ou por descanso. Pero si estarán en Balaídos Messi e Suárez. Os dous xunto a Coutinho estiveron especialmente cariñosos cos afeccionados que se congregaron no aeroporto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/04/2018