Mouriño non se molla sobre a continuidade de Escribá
Publicado o 22/10/2019 16:23

Carlos Mouriño sofre. Como calquera afeccionado do Celta, estaba ilusionado co equipo formado. Pero ese equipo rende por debaixo das expectativas. Que pasará con Fran Escribá? Di Mouriño que mentres estea no cargo vai contar co apoio dos dirixientes. Unha ratificación con matices. E sen mollarse.