Mouriño fala de tres fichaxes de "calidade" para aspirar "a cousas maiores"
Carlos Mouriño quere outros dez anos seguidos en Primeira División con opcións de volver aspirar a cousas importantes. Se pode ser xa a próxima temporada. "Debemos facer cinco fichaxes, tres de calidade para aspirar a cousas maiores"
O plan empeza con Coudet. Ó presidente non lle corre presa ampliar o seu contrato pero non o descarta.
"Cabe esa posibilidade pero temos que saber o que el pensa. Non existe ningunha dúbida co mister. te contrato cen por cento"
Mouriño asegura que non ten ofertas por ningún xogador, nin por Tapia, e que deben prever que teñan que marchar os cedidos.
O presidente querería ver afeccionados en Balaídos co primeiro equipo igual que cando xoga o filial: "O domingo con público e o venres non pode ser. É de tolos"
Recuperar os socios que caeron coa pandemia é unha materia pendente e por clarificar.