Zigzag Diario
'Mouras', unha historia mínima e máxica de Olga Osorio
Publicado o 13/06/2018 17:09
Coñecemos o novo traballo de Olga Osorio. Trala súa curta 'Einstein Rosen', a directora afronta agora unha historia máxica no rural galego. A serra do Courel é o escenario de 'Mouras', e alí precisamente terá lugar a súa preestrea, no vindeiro mes de xullo.