CRTVG

Buscar

Mosquera: "Temos que gañar coma sexa ao Estremadura"

Publicado o 17/04/2019 20:03

A ninguén no Deportivo se lle escapa que o partido diante do Estremadura é dos que non admiten erro, por iso, Mosquera advirte: "Temos que gañar como sexa. Eu vexo o grupo moi concienciado. Estamos todos a unha para intentar non só gañar senon tamén facer un bo partido e convencer á xente para que se volva ilusionar con este equipo"

Malia que enfronte estea Manuel Mosquera, que revitalizou o Estremadura e coñece o Deportivo coma a palma da man, o centrocampista do Deportivo non cre que teña vantaxe: "Coñécenos a todos e viunos xogar, pero a nosa forma de xogar no último partido non ten nada que ver co que levamos feito ao longo de todo o ano, así que non creo que teña máis trascendencia. Se facemos as cousas como debemos, temos que gañar este partido"

Martí devece por contar con Carlos Fernández para a súa estrea en Riazor. Difícil vai ser. O sevillano pon vontade pero con el non se queren dar máis pasos en falso.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/04/2019