CRTVG

Buscar

Mosquera critica o teatro dalgúns rivais

Publicado o 12/02/2019 18:18

De árbitros tamén se fala por Abegondo. De árbitros e de expulsións. Di Pedro Mosquera que hai algunhas que se deben evitar, pero tamén critica o teatro dos rivais.

A polémica expulsión de Nahuel Leiva, recorrida polo Deportivo, segue a dar que falar. Mosquera critica a teatralización de Víctor Díaz na acción, pero pide máis control aos seus compañeiros.

Pedro Mosquera: "Esaxerou moito o xogador do Granada, pero si é verdade que van moitos cartóns vermellos e algúns puidémolos aforrar porque foron innecesarios. Temos que corrixilo de cara ao futuro porque supoñen baixas importantes".

O coruñés cre que se debe actuar contra as simulacións no campo.

Pedro Mosquera: "Tan feo é facer un xesto agresivo no campo coma simulalo. Iso terán que valoralo os árbitros para que nun futuro non se produzan tantas accións destas".

O Deportivo agarda a decisión de competición sobre Nahuel e Domingos Duarte. Este viu o seu décimo cartón na Liga e tamén será sancionado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019