CRTVG

Buscar

Moscova ordena a retirada dos máis de 10.000 soldados mobilizados na fronteira con Ucraína

Publicado o 23/04/2021 08:52
Moscova ordena a retirada dos máis de 10.000 soldados mobilizados na fronteira con Ucraína

Despois de varias semanas de tensión, Rusia anunciou a retirada das súas tropas da fronteira con Ucraína e con Crimea. Segundo cálculos da OTAN, Rusia mobilizara máis de cen mil soldados, unidades blindadas, de artillería e sistemas de mísiles.

O Goberno de Vladimir Putin asegurou que hoxe comezará a retirada, pero que os blindados e o armamento pesado seguirán na fronteira. Ucraína temeu que fosen os preparativos dunha invasión terrestre, e tanto os EUA como a UE esixiran a Rusia a retirada das súas tropas.

Noticias web

23/04/2021