CRTVG

Buscar

Bos días

Morreu o piloto Nicky Hayden, cinco días despois de ser atropelado coa súa bicicleta por un turismo

Publicado o 23/05/2017 10:00

Morreu Nicky Hayden. Temíase pola súa vida desde o mércores pasado, cando foi atropelado mentres circulaba en bicicleta.

O motociclista estaba ingresado nun hospital da localidade italiana de Cesena en estado crítico despois de ser alcanzado por un coche. Practicaba ciclismo cun grupo de amigos. Nicky Hayden sufriu graves traumatismos no cranio e no tórax. Hayden foi campión do mundo de Moto GP en 2006 e actualmente disputaba a competición de Superbikes. Tiña 35 anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

23/05/2017