CRTVG

Buscar

Morre nun hospital de Xirona outro bebé prematuro pola bacteria Klebsiella

Publicado o 07/05/2019 16:44

O bebé falecido nacera de xeito prematuro ás 24 semanas de xestación, pesaba 600 gramos e estaba ingresado no hospital Trueta de Xirona.

Os responsables de Saúde da Generalitat aseguraron que presentaba unha situación clínica moi complicada e que morrera o domingo á noite.

Estaba afectado pola bacteria multirresistente Klebsiella, a mesma que provocou a finais de abril a morte de dous bebés tamén prematuros no Vall d'Hebron de Barcelona.

Os responsables do Hospital de Xirona dixeron que xa se tomaran todas as medidas para evitar o contaxio e para detectar o foco da infección, porque hai outros dous bebés prematuros afectados pero que non presentan, de momento, ningunha enfermidade asociada á bacteria.

 

Noticias web

07/05/2019