Morreu Nabody, a nena maliana que chegou ás Canarias en parada cardiorrespiratoria
Publicado o 21/03/2021 20:41
Das Canarias tamén chega unha das novas máis tristes deste domingo. Falececía nas últimas horas Nabody, a nena de 2 anos que chegou nunha embarcación ás costas de Arguineguín esta semana.
A pequena inmigrante superara unha parada cardiorrespiratoria despois de ser atendida no peirao. Pasou estes útimos días na UCI do hospital maternoinfantil das Palmas de Gran Canaria en estado crítico.
Falecía este domingo, segundo confirmaron fontes sanitarias. A pequena procedía de Malí e chegou ás Canarias nunha embarcación na que tamén viñan outros oito nenos; dous seguen graves no hospital.