CRTVG

Buscar

Morreu Alma, a cadeliña tiroteada e maltratada en Chantada

Publicado o 04/12/2019 15:35

Non puido ser e, malia todos os esforzos, Alma, a cadeliña maltratada e tiroteada en Chantada, morreu onte nas instalacións do Hospital Universitario Rof Codina.

O seu caso deuse a coñecer porque unha persoa puido increpar o cazador que lle disparaou á cadela e gravar o maltrato posterior que padeceu o animal.

Debido á crueldade dos feitos, o vídeo está tendo moita repercusión nas redes sociais e tamén en medios de comunicación doutros países, como o Daily Mail ou o Corrieri de la Sera.

A cadela deixa seis crías, que estarán en acollida ata a súa próxima adopción. Na plataforma change.org xa se recolleron 20.000 firmas pedindo que se cumpra a lei contra o maltrato animal e para mañá está convocada unha manifestación en Lugo.

Noticias web

04/12/2019