CRTVG

Buscar

Morren varios animais tras declararse un incendio nun cortello en Navia de Suarna

Publicado o 04/03/2019 15:40

O incendio dun cortello en Navia de Suarna provocou a morte de dous xatos cebados, tres cochos e varias galiñas. Ao parecer, o lume comezou contra as doce da noite por causa dun forno de pan que quedou mal apagado. Efectivos dos GES de Becerreá conseguiron evitar que as lapas se espallasen ata a vivenda que hai enriba do cortello. Os animais morreron asfixiados polo fume.

O incendio que se declarou no cortello que hai debaixo desta vivenda de Penamil, en Navia, supuxo a morte de dous xatos cebados, tres cochos para ceba e as galiñas da casa. Os animais morreron asfixiados polo fume que causaron as lapas. A rápida intervención dos veciños e dos GES de Becerreá permitiu salvar o resto do inmoble. "Primeiro asegurámonos de que as lapas non chegaran á parte en que está a vivenda e despois quedamos a controlar a zona".

Os animais mortos tiveron que ser levados ata a estrada para seren retirados porque os camións non chegan á vivenda.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/03/2019