CRTVG

Buscar

Morre unha nena en Kazakhistán ao estouparlle o móbil

Publicado o 01/10/2019 15:58

Que un móbil estoupe por sobrequecemento da batería non é o máis habitual, pero sucede. A morte dunha pequena de tan só 14 anos pon en alerta novamente sobre os perigos dos teléfonos cando están cargando e sobre as precaucións que debemos ter.

"Non sobre usar o móbil, non pedirlle moitos requerimentos cando está cargando, mellor que cargue sen usar e logo que cargue sobre unha superficie que permita que se refrixere, non cargar sobre superficies que sexan inflamables, non cargar sobre os sofás, sobre os coxíns da casa, das camas, de sitios onde haxa textís que poidan arder", explica Natalia Crespo, directora do Laboratorio de Consumo de Galicia.

E moito ollo tamén con estar cos auriculares mentres carga o teléfono.

"Calquera pequeno fallo que poida ter o cargador pode facer que en vez de entrar o 5 voltios que lle corresponden ao móbil, entren os 230 que ten a rede eléctrica. Esto se pode transmitir por dentro dos circuitos internos do móbil e pode acabar nuns auriculares que teñamos postos nese momento nas orellas. Téñense xa reportados casos de mortes por este motivo", di Luis Rico, responsable técnico-eléctrico.

Como o maior risco dos móbiles está nas baterías, os expertos aconsellan que sexan sempre as orixinais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/10/2019