CRTVG

Buscar

Morren tres persoas nun sinistro de tráfico en Alacante

Publicado o 22/07/2019 16:47

Pouco despois das tres da tarde deste domingo producíase o choque entre dous vehículos que circulaban pola Autoestrada AP-7, á altura da localidade alacantina de El Campello. Desde o primeiro momento evidenciouse que as consecuencias eran moi graves para todos os ocupantes. "Un falecido que é un bebe, outro falecido que é un varón. Sacamos tres persaos graves e foi moi custosa a evacuación", explicaba Andrés Torregosa, suboficial de Bombeiros de Alacante. 

Posteriormente confirmouse que son tres os falecidos. O seu rescate requiriu un gran despregamento de efectivos sanitarios e tamén varias dotacións de bombeiros. O choque foi bastante violento e debido á configuración destes vehículos quedaron moi deformados e os labores de extracción foron moi difíciles" contaba Daniel Cortés, sarxento do Parque de Bobeniros de Benidorm.  Os labores de evacuación obrigaron a cortar o tráfico durante tres horas en dirección Alacante.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/07/2019