CRTVG

Buscar

Morren tres persoas no incendio dunha vivenda en Granada

Publicado o 29/11/2019 10:27

As tres vítimas, un matrimonio, de 84 e 77 anos, e un dos fillos, de 51, son membros da familia de ferreiros de Dehesas Viejas, localidade granadina de 700 habitantes situada a 35 quilómetros ao norte da capital.

Os tres compartían a vivenda sinistrada, ubicada na rúa principal da poboación. As vítimas durmían cando se iniciou o lume e xa non espertaron.

Á espera da autopsia, a causa máis probable das mortes é intoxicación por inhalación de fume. Segundo os bombeiros, a orixe do incendio estaría no braseiro situado na planta baixa. O lume prendeu nun sofa e estendeuse rápidamente provocando unha gran fumareda.

O concello de Dehesas Viejas xa anunciou que decretará tres días de loito oficial.