CRTVG

Buscar

Morren tres mozos nun accidente de tráfico en Salamanca

Publicado o 21/07/2019 14:09

Tres mozos morreron e outros tres quedaron feridos esta mañá nun accidente de tráfico en Salamanca. O condutor perdeu o control do vehículo, que saiu da vía e impactou contra unha árbore. As vítimas mortais, unha moza e un mozo de 17 anos e outro de 20, viaxaban na parte traseira do vehículo e saíron despedidos co golpe.
Volvían, os seis no mesmo coche, dunha localidade próxima que estaba en festas. O concello de Alba de Tormes, de onde eran os rapaces, decretou tres días de loito.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/07/2019