Morren tiroteadas tres presentadoras de televisión en Afganistán
Publicado o 02/03/2021 16:58

Tres presentadoras de televisión afgás morreron tiroteadas e outras dúas mulleres quedaron feridas en dous ataques rexistrados no oeste do país.
Varios individuos armados dispararon contra as traballadores de Enikass RTV en dous lugares diferentes de Jalalabad, a capital da provincia de Nangarhar.
As xornalistas dirixíanse ás súas casas logo do traballo, segundo informa o propia televisión nun comunicado.
Enikass RTV é un dos principais medios de comunicación da rexión. Este é o segundo ataque contra mulleres xornalistas desta canle que se produce nos últimos tres meses.