CRTVG

Buscar

Morren seis persoas por causa da covid-19 e Galicia supera xa os 800 falecidos

Publicado o 14/10/2020 19:44
Morren seis persoas por causa da covid-19 e Galicia supera xa os 800 falecidos

Seis persoas diagnosticadas por coronavirus faleceron este mércores en Galicia.

Segundo informa o Sergas, eran unha muller de 87 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario de Santaiago, un home de 94 anos que estaba ingresado no hospital de Ourense e que procedía da residencia Os gozos do Pereiro de Aguiar, unha muller de 53 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario da Coruña e que procedía da residencia Pai Menni de Betanzos e un home de 78 anos que tamén estaba ingresado no CHUAC, procedente Residencia Ballesol-Oleiros.

No seu domicilio faleceu unha muller de 79 anos, dentro da área sanitaria de Vigo, e na residencia de maiores de Val Monterrei rexistrouse o falecemento dunha muller de 88 anos.

Con estes seis falecementos, Galicia supera as 800 mortes por causa da covid-19, 803 en total. Esta segunda onda da pandemia levou a vida de 184 persoas.