CRTVG

Buscar

Morren outras 15 persoas por covid-19, incluído un home de 46 anos sen patoloxías previas

Publicado o 22/01/2021 20:24
Morren outras 15 persoas por covid-19, incluído un home de 46 anos sen patoloxías previas

Sanidade notificou hoxe o falecemento de 15 persoas diagnosticadas con coronavirus, o que eleva a cifra total de mortes a 1.599 desde o inicio da pandemia en Galicia.

Os decesos son os de unha muller de 86 anos no CHUAC. un home de 46 anos no CHUAC, un home de 69 anos no CHUAC, un home de 82 anos na residencia Santa Teresa de Jornet, un varón de 87 anos na residencia DOMUSVI de Vimianzo, unha muller de 76 anos no CHUF, unha muller de 87 anos no CHUF, un home de 65 anos no CHUF, unha mulelr de 91 anos na residencia San José de Arzúa, unha muller de 82 anos na residencia DOMUSVI de Ribeira, un varón de 84 anos no CHUO, un home de 74 anos no CHOP, un varón de 64 anos no CHUVI, un home de 95 anos no CHUVI -procendente da residencia Paz y Bien de Tui-, e unha muller de 90 anos no CHUVI -procendente da residencia Las Angélicas de Vigo-.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, todas elas presentaban patoloxías previas, agás o home de 46 anos falecido no CHUAC.