CRTVG

Buscar

Morren nove enfermos no incendio dunha unidade de covid-19 en Turquía

Publicado o 19/12/2020 17:10

Nove enfermos de covid-19 morreron este sábado e unha ducia feríronse pola explosión dunha tubaxe de osíxeno nunha UCI nun hospital de Gaziantep, no sur de Turquía. O accidente sucedeu cando estourou un aparello que subministraba osixeno a un dos pacientes.

Bombeiros e Policía actuaron no lugar para apagar o lume do incendio orixinado e para trasladar os enfermos a outros edificios. O ministro de Xustiza turco anunciou unha investigación para comprobar se houbo algunha neglixencia no trato aos afectados de covid no hospital. Unha quincena de membros do persoal do centro resultaron afectados ao intentar intervir na zona despois do incendio. Os falecidos tiñan entre 64 e 85 anos.
.


 

Noticias web

19/12/2020