CRTVG

Buscar

Morren dúas persoas no choque de dous camións en Barcelona

Publicado o 09/10/2019 12:57

Dúas persoas morreron ao chocar dous camións na autoestrada AP-7 en Vilafranca do Penedés, Barcelona.

Eran os ocupantes dun dos camións, con matrícula polaca. O choque producuise de madrugada, cando os dous vehículos accidentados estaban parados nunha cola provocada por un accidente anterior.

O sinistro obrigou a pechar a autoestrada en dirección a Barcelona e as retencións acadaron seis quilómetros. Con estas dúas vítimas, suman 142 as persoas falecidas no que vai de ano nas estradas catalás.












 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019