CRTVG

Buscar

Morren dúas persoas carbonizadas e outras dúas quedan graves nun choque frontal en Cerceda

Publicado o 06/01/2020 10:21

A cara amarga deste día de Reis témola en Cerceda, case no límite con Tordoia. Dous vehículos chocaron frontalmente e ardeu un deles, un turismo, os seus ocupantes morreron carbonizados. No lugar dos accidente está Sabela Romar.

O accidente produciuse na estrada AC-413, no límite entre Tordoia e Cerceda. Pasaba das dez da noite cando dous turismo, un Citroën Saxo e un Mercedes todo camiño impactaron frontalmente. En cadanseu vehículo íban dous ocupantes.

Co impacto, de gran violancia, o Citroën saíu despedido e choucontra un poste telefónico e comezou a arder. As dúas persoas que ían no interior quedaron carbonizadas.

Os dous ocupantes do coche Mercedes quedaron feridos moi graves e trasladados ao hospital. O accidente produciuse nunha recta de gran visibilidade. Os investigadores barallan a posibilidade de que un dos conductores perdese o control do vehículo e invadise o carril contraio.

O tráxico sinistro mobilizou numerosos efectivos de emerxencias e dos equipos sanitarios.

Noticias web

06/01/2020