CRTVG

Buscar

Morren dúas persoas carbonizadas ao chocaren dous coches en Cerceda

Publicado o 06/01/2020 01:55
Morren dúas persoas carbonizadas ao chocaren dous coches en Cerceda

Dúas persoas perderon a vida nun accidente de tráfico rexistrado a pasada noite no límite dos concellos coruñeses de Tordoia e Cerceda. O accidente tivo lugar pouco despois das dez da noite no quilómetro 3 da AC413, á altura da gasolineira da Tablilla ao bater frontalmente dous vehículos.     

Un dos coches incendiouse, tras chocar posteriormente contra un poste, e quedou totalmente calcinado. Os seus dous ocupantes morreron. No outro vehículo tamén viaxaban dúas persoas, que resultaron feridas de gravedade. O sinistro produciuse nunha recta e descoñécense as cousas do choque.       

Ata o lugar desprazáronse axentes de Garda Civil así como bombeiros e efectivos de Protección Civil.       

Segundo informa da Dirección Xeral de Tráfico, dende as tres da tarde do 20 de decembro, cando arrancou a Operación Especial de Nadal, e ata as oito do serán de onte, 51 persoas perderan a vida nos accidentes rexistrados nas estradas españolas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí