CRTVG

Buscar

Morren dous pasaxeiros xaponeses do cruceiro Diamond Princess que estaban contaxiados polo coronavirus

Publicado o 20/02/2020 09:46

Dous dos pasaxeiros do cruceiro que permanece en corentena no porto xaponés de Yokohama polo coronavirus faleceron nas últimas horas a causa do virus.

Os falecidos son un home e unha muller duns oitenta anos de idade e nacionalidade xaponesa.
A bordo do cruceiro hai máis de 3.500 persoas, entre pasaxeiros e tripulantes, dos que uns 600 se contaxiaron co coronavirus que brotou na cidade chinesa de Wuhan.

Centos de pasaxeiros abandonaron este mércores o cruceiro ao completarse o período de corentena e o resto farao antes do sábado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2020