CRTVG

Buscar

Morren dous irmáns de 14 e 20 anos nun accidente de tráfico en Carnota

Publicado o 12/06/2018 08:32

• O suceso produciuse no lugar de Valdebois, na estrada AC-550 á altura da saída de Caldebarcos

 

Choque frontal de dous turismos en Carnota con dúas vítimas mortais.

Son dous irmáns de 20 e 14 anos. O mozo conducía un dos vehículos accidentados e a menor ía de acompañante.Colidiron de fronte con outro turismo. O condutor do segundo vehículo resultou  ferido leve. A Garda Civil atribúe as causas do accidente ao descoido dun dos condutores. 

O accidente ocorreu as catro da tarde no lugar de Valdebois, na estrada AC550 entre Carnota e Caldebarcos. Un dos coches perdeu o control e chocou co que viña de fronte. O turismo no que viaxaban as dúas vítimas quedou volcado enriba da ponte sobre o río.

Os falecidos son o condutor, un mozo de vinte anos e a súa irmá, unha nena de só catorce. A noticia causou consternación entre os veciños. Os pais dos falecidos rexentan un bar a só dous quilómetros de onde se produciu o accidente.

O condutor do outro turismo foi evacuado ao hospital de Cee con feridas que non son graves.

A Garda Civil investiga as causas do sinistro. Os primeiro indicio apuntan a que puido deberse ao despiste de un dos condutores.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2018