CRTVG

Buscar

Morren dous bebés no incendio dunha casa en Ontinyent, Valencia

Publicado o 09/02/2018 21:42

 

Morren dúas nenas xemelgas, duns dez meses, no incendio dunha vivenda na localidade valenciana de Ontinyent. O pai das cativas, que segundo contou saíra da casa a cortar leña cando se iniciou o lume, sufriu queimaduras e está hospitalizado con prognóstico reservado. A nai estaba traballando e unha irmá maior das nenas encontrábase cun veciño. As causas do incendio estanse a investigar, pero manéxase a posibilidade de que se orixinase nunha estufa de leña. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018