CRTVG

Buscar

Morren catro españois nun accidente aéreo cando eran repatriados desde Bolivia

Publicado o 03/05/2020 08:06
Morren catro españois nun accidente aéreo cando eran repatriados desde Bolivia

Catro españois que ían ser repatriados por mor da pandemia de coronavirus faleceron logo de estrelarse a avioneta na que viaxaban na rexión amazónica de Beni, en Bolivia. 

A aeronave da Forza Aérea Boliviana tivo o accidente cando realizaba un voo de axuda humanitaria entre as cidades de Trinidad e Santa Cruz. Ademais dos catro españois perderon a vida os dous tripulantes da avioneta, un capitán e un tenente do exército boliviano. 

Segundo o director rexional de aeroportos bolivianos, David Pedraza, uns doce minutos máis tarde da engalaxe o piloto informou dun erro no motor e avisou do regreso ao aeroporto. A uns dez quilómetros do mesmo perdeuse contacto coa avioneta, que se estrelou producindo o fatal desenlace. 

A vindeira semana estaba previsto un voo entre Bolivia e Madrid para repatriar cidadáns españois atrapados en Bolivia, onde está declarado o estado de emerxencia sanitaria e está pechado o espazo aéreo agás para voos humanitarios ou de repatriación. 

Noticias web

03/05/2020