CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Morren 8 anciáns nunha residencia da Florida que quedou sen luz polo Irma

Publicado o 14/09/2017 15:09


Nunha das zonas máis afectadas polo furacán Irma, a Florida, as autoridades investigan as circunstancias da morte de oito anciáns nunha residencia do norte de Miami.
Parece que puideron morrer pola inhalación do monóxido de carbono procedente dun xerador ou ben a causa da forte calor que había no centro ao deixar de funcionar o aire acondiciado por un corte do subministro eléctrico causado polo Irma.
A residencia onde ocorreron as mortes foi evacuada e o mesmo sucedeu cos 89 anciáns residentes noutro asilo próximo a Miami.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí