CRTVG

Buscar

Morren 33 persoas e 20 quedan feridas nun accidente de autobús no Perú

Publicado o 01/09/2021 08:06

Un accidente de autobús no Perú deixa 33 persoas mortas e ao redor de vinte feridas. Cubría a ruta entre Huánuco, na selva central, e a capital, Lima, este martes cando bateu contra un lombeiro e acabou dando voltas de campá por un desnivel de máis de cen metros, ata parar moi preto do río Rímac.

A investigación do accidente apunta á velocidade excesiva como posible causa. O autocar ía a 94 quilómetros por hora por un treito de estrada limitado a 35.

Os accidentes de ómnibus adoitan ser frecuentes no Perú pola falta de control dos condutores, que fan moitas horas, e polas malas condicións das estradas, especialmente en zonas rurais e na montaña.

Noticias web

01/09/2021