Este ano morrerán en España 26.000 persoas por resistencia aos antibióticos
O dato que lles imos dar é alarmante. Este ano morrerán en España 26.000 persoas por resistencia aos antibióticos. Estamos ante un caso de ameaza para a saúde pública de primeira magnitude. Isto é o que nos din dende a Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas.
España está á cabeza en Europa do consumo de antibióticos sen ningún motivo epidemióloxico. E é o primeiro país en que se refire á resistencia dos antibióticos. O problema está claro. Abusamos do seu uso.
A cifra é para tela en conta. 26.000 mortes por resistencia aos antibióticos. Segundo as estimacións da SEIMC máis de 220.000 persoas sufrirán unha infección por bacterias multirresistentes.
Unha mellor prescrición e evitar a automedicación. E ollo á posible transmisión cruzada que se contaxia polas mans, polo que se debe extremar a limpeza en todos os centros hospitalarios.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí