Morren vinte e cinco persoas nunha operación antidroga nunha favela do Río de Xaneiro
Publicado o 07/05/2021 09:04

Unha operación policial contra o tráfico de drogas nunha favela no norte do Río de Xaneiro acaba en matanza. Empezou cun tiroteo intenso entre policías e narcotraficantes no que morreu un axente; a policía respondeu con máis disparos que mataron outras 24 persoas.
A operación policial desenvolveuse a pesar de que ese tipo de accións están suspendidas durante a pandemia por orde do Tribunal Supremo do Brasil. Os mandos da Policía Civil do Río de Xaneiro defenderon a legalidade do dispositivo e negan as acusacións de supostos abusos e execucións extraxudiciais. Segundo explicaron, tiña por obxectivo desartellar unha banda de narcotraficantes que empregaba menores de idade en accións criminais.