CRTVG

Buscar

Morren 16 persoas e hai 27 feridos ao caer un autobús dun viaduto no Brasil

Publicado o 05/12/2020 10:02

Polo menos 16 persoas morreron e 27 quedaron feridas despois de que o autobús no que viaxaban se precipitara ao baleiro desde un viaduto, no estado de Minas Gerais no sueste do Brasil.
O accidente sucedeu nunha ponte dunha estrada de dobre sentido. O vehículo, ao parecer, non estaba autorizado para o transporte de viaxeiros.

Caeu desde unha altura duns 23 metros por causas que aínda se investigan. No mesmo lugar do sinistro morreron 12 persoas e outras 4 no traslado a hospitais. Varios dos feridos, entre eles algúns menores, están moi graves. No autobús ían 46 pasaxeiros, dos que seis lograron saltar antes da caída polo viaduto. As primeiras hipóteses sobre a causa do accidente son a perda de tracción nunha costa ao quedar sen freos, polo que marcha atrás impactou contra as proteccións laterais do viaduto antes de precipitarse.
O autobús impactou contra unha vía férrea e incendiouse. O vehículo dirixíase a San Paulo.

É o segundo accidente grave en pouco máis dunha semana despois de que o mércores da anterior outro accidente de autocar con 50 traballadores dunha téxtil deixara 42 mortos.

 

Noticias web

05/12/2020