CRTVG

Buscar

Bos días

Morre Xohana Torres, unha pioneira da poesía en galego contemporánea

Publicado o 13/09/2017 20:41

Morre Xohana Torres, unha pioneira da poesía en galego contemporánea.

A escritora tiña 85 anos e era académica na RAG desde o ano 2001. Foi unha muller pioneira na defensa da lingua e da literatura galegas e a súa obra abrangue outros xéneros como a narrativa, o ensaio e a literatura infantil. A autora contribuíu co seu labor como escritora mais tamén noutros espazos como o radiofónico, a reconstrucción cultural e a defensa da súa lingua.

O ano pasado publicou o seu último libro, 'Elexías a Lola', no que homenaxea a súa avoa. Aquí lles deixamos a última reportaxe que se fixo no programa Zigzag diario da TVG sobre ela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

13/09/2017