CRTVG

Buscar

Morre unha sexta persoa no edificio afectado por un gromo de covid en Bilbao

Publicado o 08/02/2021 14:15

Xa son seis os mortos por covid no edificio de Bilbao onde se diagnosticaron 33 positivos.

Hoxe faleceu a sexta persoa, un home de 88 anos que levaba unha semana en estado crítico. A dona, un fillo, dous netos e a muller que os coidaba tamén están contaxiados. 

O primeiro caso detectouse o 9 de xaneiro e a primera morte ocorreu o día 21. Desde entón faleceron outras cinco persoas, unha delas de 50 anos e o resto maiores de 70. 

O edificio, de 16 plantas, alberga 62 familias. Moitos veciños din que están asustados e aseguran que as administracións non actuaron a tempo. Veciños e administracións sospeitan que o foco comezou nos ascensores.

"Creo que foi o foco do ascensor, non se respectaba a norma de subir un só ou só conviventes. Subían dous, e mesmo eu vin tres", di un veciño.

"O Goberno vasco tennos abandonados porque tiña que desinfectarnos. Fomos nosoutros os veciños os que desinfectamos, chamando unha empresa de desinfección que viñera", din.

Noticias web

08/02/2021