CRTVG

Buscar

Morre unha persoa ao quedar atrapada baixo un tractor en Castro de Rei

Publicado o 10/09/2021 14:18

Unha persoa perdeu a vida esta mañá despois de quedar atrapada baixo un tractor nunha leira do lugar do San Queitano, en Castro de Rei. Os feitos sucederon uns minutos antes das doce. Foi a esa hora cando o 112  tivo coñecemento do accidente a través do 061.

Solicitouse a intervención dos Bombeiros de Vilalba e dos axentes da Garda Civil. Xa no lugar do suceso, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da persoa accidentada, que tivo que ser liberada polos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vilalba.

O alcalde de Castro de Rei, Francisco  Balado, precisou a Efe que, segundo a información facilitada polos servizos de emerxencias ao Concello, trátase dun "accidente laboral".

Balado engadiu que a vítima mortal é un operario de grupo público Tragsa que efectuaba labores de extracción de madeira na zona do sinistro.

Noticias web

10/09/2021