Morre nun accidente en Arzúa, a quinta vítima mortal das estradas galegas este mes
Publicado o 08/08/2019 13:22
O inicio do mes de agosto está a resultar realmente tráxico nas estradas galegas. Hai unha nova vítima mortal, a quinta en só 8 días.
Colisión frontal en Arzúa, á altura de Boente, nunha zona de curvas en que son frecuentes os accidentes, sobre todo cando chove, coma onte. A persoa que faleceu quedou atrapada no habitáculo e a súa liberación foi moi complicada, segundo os bombeiros. Acabou morrendo cando a trasladaba a ambulancia.
Das outras catro vítimas mortais do que vai de mes, tres foron tamén en choques frontais, dúas en Outes, na Coruña, e outra nos Blancos, en Ourense. A outra foi una muller atropelada na entrada de Malpica.