CRTVG

Buscar

Morre unha parella en Córdoba tras un incendio na súa vivenda

Publicado o 30/01/2019 16:27

A Garda Civil investiga o incendio nunha casa de Moriles, en Córdoba, que lle custou a vida a unha parella de 89 e 92 anos.

Eran pouco menos das catro da mañá cando o servizo de urxencias recibiu o aviso de que había lume nunha vivenda pero cando chegaron atoparon o matrimonio morto por inhalación de fume. Todo indica que a orixe do lume foi un curtocircuíto.


 

Noticias web

30/01/2019