CRTVG

Buscar

Morre unha nena de tres anos por coronavirus en Bélxica

Publicado o 24/07/2020 20:59

As autoridades sanitarias belgas informaron este venres da morte recente dunha nena de tres anos a causa do coronavirus, un deceso que se produciu "hai uns días" e cuxa infección pola Covid-19 foi confirmada con probas de laboratorio. A relación do falecemento da menor co coronavirus foi confirmada con probas de laboratorio, segundo informaron nun comunicado as autoridades, que precisan que a paciente presentaba "patoloxías graves".

Nas mesmas datas tamén morreu outra persoa de 18 anos. "Está claro que é raro que a enfermidade mate persoas mozas pero ninguén é inmune. Non se pode negar que o coronavirus segue presente", declarou nunha confernecia de prensa uno dos portavoz do Servizo de Saúde Pública, Boudewijn Catry.

O Goberno federal anunciou precisamente o xoves que as autoridades reforzarán o control sobre a medidas "barreira" na poboación para evitar a propagación do virus, nun momento no que a tendencia volve indicar un forte alza nos contagios, cun incremento do 89%. Ao longo da última semana, Bélxica sumou unha media de 220,6 novos casos cada día, o que eleva a cifra total de contaxios desde que chegou a pandemia ao país a un total de 64.847 casos.

En total, 18.045 pacientes necesitaron ingreso hospitalario, cunha media de 15 novos ingresos diarios na última semana (+53%). Polo menos 9.812 persoas faleceron en Bélxica a causa do coronavirus.
 

Noticias web

24/07/2020