CRTVG

Buscar

Morre unha nena de 5 anos por unha posible alerxia alimentaria nun colexio de Palma

Publicado o 24/05/2019 21:10

Morre unha nena de cinco anos nun colexio de Palma de Mallorca supostamente por unha alerxia alimentaria. A pequena atopouse mal mentres xantaba no comedor do centro. Atendéronoa na enfermería e posteriormente chegou unha ambulancia con médicos que non puideron salvala. A policía científica e unha unidade de homicidios fíxose cargo do caso. O centro escolar asegura que en todos os menús constan os alérxenos que poden conter.


 

Noticias web

24/05/2019