CRTVG

Buscar

Un home asasina unha muller en Madrid á que golpeou cun martelo na cabeza

Publicado o 16/06/2021 08:50
Un home asasina unha muller en Madrid á que golpeou cun martelo na cabeza

Unha muller de 81 años faleceu tras ser agredida por un home de 84 anos que a golpeara cun martelo na cabeza. A agresión acontecera onte á primeira hora da noite en Moratalaz. A policía, que acudiu ao domicilio, chamou as urxencias sanitarias e estas trasladaron a muller de 81 anos cun forte traumatismo cranioencefálico ao hospital 12 de Outubro, onde faleceu esta madrugada por causa das feridas sufridas e tras perder moito sangue. 

O suposto agresor, de 84 anos, xa foi detido.

No que vai de ano, 19 mulleres foron asasinadas en casos de violencia machista; a maioría estaban separadas ou en trámites de ruptura. 

Noticias web

16/06/2021