CRTVG

Buscar

Morre unha muller tras declararse un incendio na súa vivenda na Coruña

Publicado o 19/05/2021 09:13

Unha muller perdeu a vida esta madrugada tras declararse un incendio no seu domicilio na Coruña.

Pasaban das 02:00 da madrugada cando varios veciños da rúa Javier Fonte alertaron o 112 para informar de que vían sair lapas dun edificio en cuxo interior crían que había persoas. Unha manta eléctrica podería ser a causa do incendio.

Mobilizáronse os Bombeiros da Coruña, os servizos médicos, a Policía Local e Protección Civil.

Unha vez no lugar, axentes da Policía Local e os bombeiros desprazadas confirmaron que o lume xa estaba sufocado e que o interior da vivenda había unha persoa falecida.

Por precaución, o edificio tivo que ser desaloxado durante unhas horas. Ademais, o equipo sanitario trasladou unha persoa.

 

Noticias web

19/05/2021